COMPROMISO COA DEMOCRACIA E A LIBERDADE DOS POBOS

As persoas e organizacións que subscribimos esta declaración constatamos que:

  • A monarquía  borbónica e mais o Réxime de 1978, herdeiros da ditadura franquista, mostráronse incapaces de dar resposta tanto ás demandas, necesidades e dereitos sociais da maioría, como ás reclamacións de soberanía e liberdade dos pobos que conforman o estado español.
  • Ante a súa crise estrutural e os amplos sectores sociais que o cuestionan, o Réxime do 78 tan só soubo reaccionar emprendendo unha deriva autoritaria, que pon ao descuberto o seu carácter  oligárquico e o seu desprezo cara a alicerces da democracia, como a separación de poderes, a liberdade de expresión, ou o dereito a unha xustiza imparcial e equitativa.
  • As lexítimas aspiracións de soberanía expresadas dun xeito cívico e pacífico polo pobo catalán han tido como únicas respostas a represión policial, administrativa e xudicial, e a promoción desde os resortes de poder económico, político e mediático dun nacionalismo  españolista excluínte e hostil cara ás diversas realidades nacionais presentes no estado.
  • O conxunto das forzas políticas que xestionaron ou aspiran a xestionar o Réxime, e o propio aparello do estado, herdado en parte do franquismo, deixaron  meridianamente demostrada a súa nula vontade de avanzar nin cara a unha resolución democrática dos conflitos nacionais, nin cara a unha superación estrutural das carencias en termos sociais e de liberdades civís.

Por todo iso, conscientes da transcendencia deste intre político, comprometémonos a esixir como condición irrenunciable a todo acordo de investidura, gobernabilidade, ou orzamentos, un programa de goberno que avance cara á superación da actual crise  sistémica en termos de democracia, xustiza e liberdade. Programa que pasa ineludiblemente por:

  • O recoñecemento e exercicio do Dereito á Autodeterminación de Catalunya e dos pobos do estado que así o reclamen.
  • A derrogación da reforma laboral impulsada polo PP i do artigo 135 da Constitución, como paso previo e necesario para o despregamento de políticas reais de xustiza social.
  • A derrogación da Lei  Mordaza e o fin da represión contra a liberdade de expresión.
  • A immediata liberación dos presos políticos cataláns e o libre retorno dos exiliados, así como a liberdade para Tamara e para os mozos de Altsasu e a retirada de todas as causas xudiciais abertas contra o soberanismo e o republicanismo.

Abril de 2019